accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Funcións e principios

Funcións

engranajes con iconos

As funcións do Consello de Transparencia e bo goberno están recollidas no artigo 38 da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno(Abre en nueva ventana) e no artigo 3 do Real Decreto 919/2014, do 31 de outubro, polo cal aproba o Estatuto do Consello de Transparencia e Bo Goberno.(Abre en nueva ventana)

  • Adoptar recomendacións para o mellor cumprimento das obrigas contidas na Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Asesorar en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Informar preceptivamente os proxectos normativos de carácter estatal que desenvolvan a Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, ou que estean relacionados co seu obxecto.
  • Avaliar o grao de aplicación da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno. Para iso, elaborarase anualmente  unha memoria na que se incluirá información sobre o cumprimento das obrigas previstas e que será presentada ante as Cortes Xerais.
  • Promover a elaboración de borradores, de recomendacións e de directrices e normas de desenvolvemento de boas prácticas en materia de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Promover actividades de formación e sensibilización para un mellor coñecemento das materias reguladas pola Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.
  • Colaborar con órganos de natureza análoga nas materias que lle son propias e aqueloutras que lle sexan atribuídas por norma de rango legal ou regulamentario.

Principios

los cinco principios

 

  • O Consello de Transparencia e Bo Goberno ten personalidade  xurídica propia e plena capacidade de obrar. Actúa con autonomía e plena independencia para o cumprimento dos seus fins.
  • O presidente do Consello de Transparencia e Bo Goberno desempeña o seu cargo con dedicación absoluta, plena independencia e total obxectividade. Non está suxeito a mandato imperativo, nin recibe instrucións de ningunha autoridade.

Transparencia

  • As resolucións do Consello, unha vez notificadas e previa disociación dos datos de carácter persoal, serán publicadas na súa propia páxina web e no Portal da Transparencia.
  • O resumo da memoria anual do Consello será publicado no Boletín Oficial do Estado, con especial atención ao nivel de cumprimento por parte da Administración das disposicións da Lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Participación cidadá

  • O Consello, a través das canles de participación que se establezan, colaborará cos cidadáns para o mellor desempeño das súas funcións e para favorecer o cumprimento da normativa de transparencia e bo goberno.

Rendición de contas

  • O Consello de Transparencia e Bo Goberno elevará anualmente ás Cortes Xerais unha memoria sobre o desenvolvemento das súas actividades e sobre o grao de cumprimento das disposicións establecidas nesta Lei.
  • O Presidente do Consello de Transparencia e Bo Goberno comparecerá ante a Comisión correspondente para dar conta desa memoria todas as veces que se lle requira.

Colaboración

  • O Consello de Transparencia e Bo Goberno convocará, cunha periodicidade polo menos anual, reunións cos representantes dos organismos que fosen creados a nivel autonómico para o exercicio de funcións similares ás encomendadas ao Consello.
  • O Consello celebrará convenios de colaboración coas Comunidades  Autónomas e Entidades Locais para a resolución das reclamacións que poidan presentarse ante a denegación expresa ou presunta do dereito de acceso.
  • Así mesmo, celebrará convenios de colaboración con Administracións Públicas, organizacións sociais, universidades, centros de formación e calquera outro organismo nacional ou internacional cuxas actividades se relacionen co bo goberno e a transparencia.

Funcionamento

  • A información do Consello de Transparencia e Bo Goberno axustarase ao principio de accesibilidade, especialmente no tocante ás persoas que sufran algunha discapacidade.
  • A información difundida polo Consello axustarase ao Esquema Nacional de Interoperabilidade,  aprobado polo Real Decreto 4/2010, do 8 xaneiro, así como ás normas técnicas de interoperabilidade.
  • Fomentarase que a información do Consello sexa publicada en formatos que permitan a súa reutilización.

 

Información institucional, organizativa y de planificación