accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Consello de Transparencia e Bo Goberno

Benvidos á páxina web do Consello de Transparencia e Bo Goberno

A principal meta do Consello, a súa razón de ser, é lograr unha Administración mellor, máis aberta e, sobre todo, máis democrática, caracterizada pola transparencia e o goberno aberto. Unha Administración, en definitiva, na que non haxa esferas de escuridade.

Esta é unha empresa que temos que lograr entre todos. Por iso, desde a honra que supón presidir por primeira vez na historia da nosa democracia un organismo destas características, fago un chamamento aos cidadáns, ás institucións públicas, ás organizacións, ás universidades, á sociedade civil e a todos os axentes sociais, para que colaboren connosco para lograrmos unha auténtica revolución na relación da Administración cos cidadáns, na que estes pasen de ser depositarios a ser propietarios da información da que dispoñen os servizos administrativos.

Esther Arizmendi, primeiro presidenta do Consello