accesskey_mod_conten
Bar separa corpo da cabeceira

Alegoría do Bo Goberno

A alegoría do Bo Goberno escollida como friso do portal do Consello de Transparencia e Bo Goberno representa o espírito do devandito Consello.

Alegoría del Buen Gobierno · Lorenzetti

As imaxes  están presididas  polo goberno, encarnado nun home vello e sabio, que se sitúa, xunto cos demais elementos do fresco, nun nivel superior, e que representa a preeminencia do ben común e do interese xeral sobre os intereses particulares.

O seu cetro, na man dereita, representa a xustiza, que é o caxato no que se apoia. Ao seu carón, rodeándoo, están sentados os atributos do Bo Goberno: a concordia, a xustiza, a paz, a temperanza, a fortaleza e a prudencia, o conxunto dos cales constitúe o Bo Goberno.

As iconas destacadas representan, por orde, o seguinte:

A paz, unha figura vestida de branco, coroada con brotes de oliveira, a repousar placidamente sobre os restos dunha armadura, que simboliza a guerra e a discordia.

 

La justiciaA xustiza, cos brazos abertos que simbolizan unha balanza, que premia o ben e castiga o mal equitativamente.

 

A representación do pobo, que convive en harmonía e felicidade, así como a idea de comunidade, reflectida na roda de persoas collidas das mans.

 

A cidade, que progresa baixo o bo goberno cunha economía florecente, representada polos artesáns que traballan e os obreiros que constrúen e amplían a cidade.

 

Este fresco de hai máis de 700 anos xa recollía secularmente o perfil do bo goberno.

Está no Palacio Comunal de Siena (Italia) e é unha das obras profanas máis destacadas do Medievo.